Cara o fin dos anos 70 do século pasado, unha afluencia masiva de temporeiros (anduriñas das estadas) acudían por trens enteiros para traballar na construción, na hostelería ou na agricultura.
Estes temporeiros estaban sometidos aos
impostos á fonte (directamente descontado do salario).
Do feito que segundo o estatuto dos temporeiros, que podía competir co
Apartheid, as traballadoras e traballadores desa categoría non podían exercer mais de 9 meses por ano e que ao termo de eses 9 meses tiñan que abandonar o territorio suízo, pero en cuestión de impostos, nos baremos que se lle aplicaban estaba estipulado que a taxa (%) era calculada sobre o salario teórico obtido en todo ano.
Para resumir, os probes temporeiros, que non decidían eles acurtar o ano (laborable) eran discriminados con relación a un residente ou suízo que decidía, por exemplo, de traballar nove meses voluntariamente.
Os Sindicato SIT (daquela o Sindicato Cristiano en vías de transformacións profundas) encetou unha batalla en favor deses temporeiros co obxectivo de lograr (obxectivo que se cumpriu) que esta discriminación fose botada abaixo.
Nesa boa guerra estaba eu, coma en toda mobilización en favor dos máis precarios, sendo este un dos primeiros combates que afiou as miñas armas para acometer moitos outros actos e feitos dignos dun cabaleiro andante para maior honra e gloria da súa dulcinea do folgoso… up! unha
pastilliña e retomamos o control!
Conselleiro fiscalDespois durante anos fun o conselleiro fiscal para os membros do sindicato e endurecín ainda mais os meus bíceps encefálicos para convertirme en un especialista empedernido (é que a miña aboa morreu hai anos) e recoñecido como coñecedor das relacións da administración fiscal coa cidadanía.
En Suíza é doado porque a Administración fiscal (recadador) é cantonal e os impostos veñen ben determinados na factura (comunais, cantonais e federais) posto que a Suíza é unha confederación. Xa me gostaría a min que a península Ibérica fose unha confederación, pero segundo moita xente iso non sería posible. Nunca ninguén me explicou porque non sería viable pero non me fica mais remedio que contentarme da argumentación: é así por que é así e para xa de romper o carallo coas túas manías de tanta Suiza amais tanta merda!!!
Está claro que existe a cohesión fiscal entre os cantóns pero iso sería demasiado extenso para tratar aquí e, aínda por enriba, non sería exportable a Galiza. Daquela, para que fatigarse en conxecturas?
De maneira que… por onde ía? Ai, si! Como eu son un tipo machote nisto dos impostos, nomeáronme membro dunha comisión consultativa do ministro de finanzas, David Hiler, para amellorar toda esa marabunta dos impostos á fonte.
Podía ser modesto e calar, sen lle dar tanto bombo pero como neste fodido mundo calquera peido fai ruído, eu tamén quero espeidear, máis que nada para perfumar o ambiente.
Para os que estas trangalladas interesen xa os terei ao corrente, se non me dá moito traballo que ando algo preguiceiro derradeiramente.