PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
A maior parte estaría na Costa da Morte
Cultura prevé ampliar os BIC a mámoas e cámaras megalíticas

Xurxo Salgado A Consellería de Cultura prepara un informe para declarar como Bens de Interese Cultural (BIC) a mámoas e dólmenes de Galiza, especialmente, da Costa da Morte. Estes monumentos arqueolóxicos seguen, deste xeito, o camiño comezado en castros e petroglifos.

Reloxo 07.02.2008 | 21:17

Dolmen galego Dolmen galego Segundo fontes da consellería consultadas por ANT Diario, a Dirección Xeral de Patrimonio traballa xa na delimitación dos posíbeis túmulos megalíticos que serían declarados BIC. A maior parte deles estaría situado na Costa da Morte, onde xa na actualidade se prevé a creación do Parque Arqueolóxico do Megalitismo.

Ata o momento, e logo de varios anos de peticións infrutuosas, só o conxunto de 30 mámoas de Santa Mariña, entre os concellos de Samos, Sarria e o Incio, acadou a declaración BIC o pasado ano. Esta declaración conleva o grao máximo de protección e tutela que pode ter legalmente un ben cultural, tanto deste coma do seu contorno paisaxístico e permite incluso a expropiación das propiedades que distorsionen a apreciación do monumento. Tamén implica un réxime sancionador moito máis duro no caso de destrución destes xacementos.

Castros e petroglifos

Con esta nova previsión, Cultura continúa o traballo iniciado o pasado verán, cando se anunciou a declaración como BIC dun total de 20 castros de toda Galiza así coma 23 estacións de petroglifos da provincia de Pontevedra. Pero para facer efectiva esta declaración era preciso realizar os traballos de catalogación e delimitación dos xacementos, delimitar a súa forma e perímetro así coma o alcance da área de protección circundante, que tamén quedará protexida.

Estes traballos veñen de ser rematados o pasado mes de xaneiro e, agora, todos os informes realizados serán analizados polo Servizo de Protección e Inventariado da Secretaría Xeral de Patrimonio para que comecen os trámites de incoación e sexan declarados formalmente como BIC para marzo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río