Redacción . Permitirá este domingo que teña lugar un evento en que as mulleres son presentadas como mercadoría.
A candidata do BNG ao Congreso por Lugo, Paz Abraira, criticou este sábado ao rexedor socialista de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, por consentir e participar na 'Caravana de mulleres' que terá lugar este domingo na localidade lucense, e en que 30 mulleres serán amosadas ao público para emparellárense cos homes solteiros.
Durante a presentación en Compostela dos actos previstos polo BNG para o Día Internacional da Muller, Paz Abraira sinalou que en materia de igualdade "de pouco serve a lexislación se non cambian as actitudes", e reclamoulle ao PSOE que "desautorice ao seu alcalde". Salientou que, aínda que a caravana está organizada pola Televisión de Galicia, dende o concello se están a realizar chamadas para avisar os homes sen parella dos municipios lindeiros.
Descargar Tarifas