PUBLICIDADE
Sábado, 04 de xullo de 2009
CUSTARÁ 149.000 EUROS
Cotobade terá un observatorio astronómico

Redacción .  A Asociación Canón de Pau promove a iniciativa para permitir a observación astronómica afeccionada.

Reloxo 20.11.2008 | 14:26

Observatorio astronómico en Galiza Observatorio astronómico en Galiza. CRTVG A Xunta financia a construción e o equipamento dun Observatorio Astronómico no Val de Almofrei, en Cotobade (Pontevedra) con 149.870 euros até 2009 a través dun convenio coa Asociación Canón de Pau, promotora da iniciativa.

O observatorio proxectado permitirá a observación astronómica afeccionada e a divulgación da astronomía mediante actividades observacionais guiadas, así como a través de charlas ou presentacións multimedia, asegura a Xunta.

O edificio consta dunha planta baixa cunha aula e unha sala de ordenadores, dunha planta alta destinada á cúpula do observatorio, de 12 metros cadrados, e dunha terraza cuberta.

A Asociación Canón de Pau, que promove a recuperación, a conservación, a popularización e a defensa do patrimonio galego, conta ademais nesta iniciativa coa colaboración da Asociación de Montes de Carballedo, que cedeu os terreos nos que se construirá o Observatorio, e a Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, que vén desenvolvendo actividades de divulgación sobre o coñecemento do cosmos.

O observatorio é un proxecto innovador que se complementa co Observatorio Científico construído recentemente en Forcarei, xa que conxuntamente crearían unha área científico-divulgativa para a astronomía; indica o Goberno Galego.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario. Grazas pola súa participación.
 
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río