PUBLICIDADE
Sábado, 13 de marzo de 2010
Tras os resultados das eleccións
Correntes críticas do BNG piden responsabilidades

Europa Press Diversas correntes integradas no Bloque Nacionalista Galego e con representación no Consello Nacional reclámanlle á Executiva 'responsabilidades' polo 'fracaso' do proxecto que levou a continuos retrocesos da representación parlamentaria da formación frontista e que o pasado domingo acabou coa obtención de 12 deputados, un escano menos que no 2005, por baixo do resultado alcanzado no 1993.

Reloxo 03.03.2009 | 20:01

Anxo Quintana, líder do BNG Anxo Quintana, líder do BNG. AGN A maior parte das correntes minoritarias están dedicando esta semana a analizar os resultados electorais do domingo 1 de marzo, de forma que tanto Movemento pola Base como Encontro Irmandiño celebrarán nos próximos días as súas respectivas reunións para adoptar a postura que lle trasladarán ao Consello Nacional, convocado para o 14 de marzo.

Esquerda Nacionalista
Esquerda Nacionalista (EN), que conta con dous membros no máximo órgano de decisión do Bloque, foi a primeira en adoptar unha decisión e pedirá a "dimisión" do portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana. Así o recolle o acta da comisión executiva de EN, que entende que o líder nacionalista "debe asumir en primeiro persoa as responsabilidades derivadas dos nefastos resultados cultivados".

Na mesma acta, Esquerda Nacionalista xustifica este feito pola necesidade de "preservar as consecuencias dun proceso de desgaste que lastrarían a súa visualización como alternativa de goberno". Ademais, pide unha asemblea extraordinaria "aberta a toda a militancia".

O BNG suprimiu no seu último foro ordinario, na XII Asemblea Nacional de 2006, o sistema asembleario polo método de delegados, similar ao que realizan os principais partidos estatais. A reclamación que fai agora Esquerda Nacionalista, e que é compartida por outros sectores críticos como Encontro Irmandiño ou polo propio Camilo Nogueira, volverá así a estar encima da mesa na discusión do Consello Nacional.
Encontro Irmandiño
O movemento encabezado por Xosé Manuel Beiras aínda está pendente de definir na súa reunión as teses que levará ao Consello Nacional. O líder desta corrente non asistiu á Executiva celebrada onte, pero si acudiu outro membro deste grupo, Mario López Rico.

Aínda que non se trate da postura oficial, un dos representantes de Encontro Irmandiño publica no foro na internet desta corrente a súa posición a favor de que "os lexítimos donos do BNG rescaten" a formación para substituír "a burocracia florida que goberna", o que entronca con esa demanda de que se retorne a un sistema asembleario.

"Máis aló das responsabilidades persoais, hai que revisar a estratexia previo rescate do BNG polos lexítimos donos, que son a militancia nacionalista e non a burocracia florida", reza o texto do mesmo membro do Consello Nacional. A postura está asinada con iniciais, pero segundo constataron fontes de Encontro Irmandiño, trátase da achega dun dos seus representantes no máximo organismo de decisión do Bloque entre asembleas.

A principal preocupación das correntes minoritarias versa na posibilidade de que as posturas se "enroquen" en lugar de que se corrixan os erros que levaron aos sucesivos descensos de representatividade do nacionalismo galego.
Movemento pola Base
Pola súa banda, fontes de Movemento pola Base consideraron que a estratexia que levou a cabo "demostra que a moderación do discurso para conseguir máis votantes foi un evidente fracaso". Este novo rumbo "non fixo outra cousa que perder votos", apostilaron estas fontes consultadas por Europa Press.

A definición de responsabilidades que se esixirán no Consello Nacional debaterase o venres en asemblea. As mesmas fontes ven ben que se debatan as posturas da militancia no Consello Nacional, posto que, aínda que "están representados de forma desigual", este organismo conta con "representación de todos" os grupos.

Pola súa banda, o ex eurodiputado Camilo Nogueira mantén a súa postura crítica co sistema de delegados, que xa censurou ante o proceso de proclamación do candidato á Presidencia da Xunta, que en outubro pasado designou a Anxo Quintana. Naquela ocasión, o portavoz nacional foi apoiado polo 95,5 por cento dos delegados, no que constituíu o primeiro conclave nacionalista sen sistema asembleario.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río