Redacción . Monforte de Lemos e Salceda de Caselas celebraron esta mañá o Correlingua con 3.000 participantes da Ribeira Sacra e con 2.000 do Baixo Miño. A piques de rematar a oitava edición, o Correlingua segue a colleitar éxitos.
Imaxe de arquivo dun Correlingua. AGN
O Correlingua en Monforte de Lemos e máis en Salceda de Caselas acolleu un total de 5.000 estudantes que correndo amosaron o seu compromiso co galego. No caso de Monforte, a organización cifra en 3.000 os estudantes de toda a Ribeira Sacra. Pola súa banda, en Salceda correron uns 2.000 rapaces do Baixo Miño. Segundo apuntan os organizadores, a participación prevista en Salceda superaba os 2.500, pero a inestabilidade do tempo fixo que algúns centros de educación infantil decidisen non saír á rúa. A festa pola lingua estivo amenizada polo Xabarín Club e outros grupos musicais en Monforte e por Sínefres, Chévere e outras agrupacións, no caso de Salceda.
O Correlingua 2008 chega mañá a súa fin. Verín e máis Ourense acollen a derradeira xornada dun Correlingua que, malia a chuvia e o vento, superou a previsión dos 40.000 participantes.