PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
Enoturismo no Pazo de Baión
Condes de Albarei investirá o 5% dos seus ingresos en atención a drogodependentes

Redacción .  A adega cambadesa Condes de Albarei confirmou hoxe que converterá o Pazo de Baión no primeiro gran centro de enoturismo do Estado e prevé investir o 5 por cento dos ingresos que xere en proxectos de prevención, atención, reinserción social e rehabilitación de drogodependentes.

Reloxo 08.07.2008 | 10:29

Pazo Baión, adquirido por Condes de Albarei Pazo Baión, adquirido por Condes de Albarei. CRTVG Así mesmo, dará traballo a persoas drogodependentes en proceso de reinserción laboral até cubrir, polo menos, catrocentas xornadas de traballo ao ano. "Démonos un prazo de dous anos para materializar este proxecto, que suporá a apertura dunha nova liña de negocio innovadora no Estado e na que esperamos recibir máis de 50.000 visitantes no ano 2010", explicou o xerente de Condes de Albarei, Xavier Zas.

Segundo comentou, trátase "dun ambicioso proxecto" que está incluído no plan estratéxico elaborado en 2007 por esta cooperativa galega, que agrupa case catrocentos socios. "Con esas 22 hectáreas de viñedos do Pazo de Baión temos a intención de elaborar unha liña de viños de alta gama", destacou Zas, "un viño de leira ou de pago do que produciremos 160.000 botellas ao ano que se converterá nun referente a nivel mundial".

Novas instalacións

A intención de Condes de Albarei consiste en que a maior parte desta produción se poida vender na propia adega, unha vez que se poña en marcha o centro de enoturismo. "Hoxe en día unha adega non pode dedicarse simplemente a facer viño e vendelo, hai que facer algo máis. Fai dez anos a xente non visitaba as adegas, pero hoxe hai un cliente que chama á túa porta, hai que recibilo e tratalo como o que é: un invitado de honra", aseverou.

Para iso, Condes de Albarei rehabilitará as instalacións do Pazo de Baión, onde instalará un pequeno hotel, un área para a celebración de eventos e congresos, así como un gran centro de atención ao cliente.

A cooperativa cambadesa formalizará o próximo 16 de xullo o contrato de compra-venda desta propiedade, pola que ofreceu quince millóns de euros, superando as presentadas polas súas competidoras: a galega Martín Códax, a rioxana Marqués de Riscal e a catalá Freixenet.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil