Eva Estévez . Pode parecer contraditorio pero este complemento de moda está deseñado expresamente para mulleres que practican o nudismo.
Pode parecer contraditorio pero este complemento de moda está deseñado expresamente para mulleres que practican o nudismo. Trátase dunha prenda deseñada pola artesá viguesa Chirliña para poñer no momento de ir ao chiringuito. Estes tops, confeccionados con teas moi coloristas e vivas, inclúen uns petos nos que poder colocar a carteira, as chaves e outro tipo de obxectos persoais. Estas pezas únicas, que non pasarán inadvertidas nun espazo naturista, custan 30 euros e poden mercarse na tenda de complementos Candacol (Ronda de Don Bosco 39, Vigo). A etiqueta inclúe as instrucións de uso, é dicir, a maneira de atar o top á costa. Un invento sinxelo e práctico que seguro que será do agrado de moitas nudistas.
Unha prenda para un intermedio na xornada de praia naturista
Descargar Tarifas