PUBLICIDADE
Mércores, 07 de xaneiro de 2009
Hoxe debátese no parlamento europeo unha controvertida norma sobre Telecomunicacións
Competencias invisíbeis sobre Galiza
Xa hoxe en día, e máis no futuro, moitas das competencias que rexen a vida da sociedade galega decidiranse en Bruxelas e Estrasburgo, sedes do parlamento europeo. Fíos invisíbeis pero igualmente decisivos.
 24.09.2008 | 00:01

Campaña a prol do mantemento das telecomunicacións europeas como servizo público Campaña a prol do mantemento das telecomunicacións europeas como servizo público

Calquera tema que propoña o executivo comunitario, a Comisión Europea, que pase polos órganos lexislativos, ou sexa, Consello e Parlamento Europeo, afecta a Galiza. Calquera. Non só ás que se refiren a fundos estruturais, pesca, agricultura ou transportes, como algunha xente quere pensar. Calquera proposta, porque a Unión Europea non só decide sobre o visíbel, senón tamén sobre o invisíbel, e nun mundo globalizado os temas son comúns, conexos, parellos. No caso do Parlamento Europeo, non ten competencias colexislativas totais mais vai ter moitas máis competencias no futuro xa veciño. E só con posicións identitarias de tipo nacional, anticipativas e de coordinación poderemos asumir que as decisións de Bruxelas tamén son decisións galegas, para o positivo e para o negativo. E por iso cómpre ter posición sobre todo tipo de temas. Até o xoves, 25 a Eurocámara decide sobre temas tan importantes para Galiza coma os transportes marítimos (propostas sobre seguranza maritima, información sobre o tráfico marítimo, accidentes, responsabilidades dos transportadores, inspección de buques polo Estado de porto), telecomunicacións, os inaceptábeis actos de pirataría no mar como os acontecidos en Somalia, a comercialización de augas naturais, o software libre, etc.

Un exemplo do invisíbel. Hoxe, o trasego de empresas de telecomunicacións e informática é a tónica que se visualiza ás portas dos despachos europarlamentares, nas esperas dos anscensores do edificio. Lobby dixit. E todo polo chamado e controvertido "Pacote Telecom", conxunto de propostas lexislativas sobre telecomunicacións presentadas polo executivo comunitario diante da Comisión Europea, que se vai votar o 24 de setembro na sesión plenaria. Como ben saben, celébrase normalmente –se é dunha semana– en Estrasburgo pero por mor da caída do teito do hemiciclo da sede francesa, esta sesión e a pasada se celebran en Bruxelas. Foi moi debatido dende hai uns meses, con máis de 800 emendas, e en especial cunha contestación na rede, pois as medidas propostas aféctanlles aos dereitos dos usuarios: garantía dun servizo universal, prezos equitativos e transparentes e a protección da privacidade e dos datos persoais, entre outros. E máis.

Veremos o resultado das votacións para ver as consecuencias, tamén para Galiza.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
 
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil