PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Xa fichou polo Newcastle
Coloccini deixa o Dépor disposto a volver

Redacción .  Coloccini marcha para o Newcastle por case doce millóns de euros e despídese da afección branquiazul dando as grazas polos catro anos que pasou na Coruña e non descarta a idea de regresar 'encantado'.

Reloxo 07.08.2008 | 18:28

Fabricio Coloccini protexe un balón diante de Samuel Eto'o Fabricio Coloccini protexe un balón diante de Samuel Eto'o. Gustau Nacarino/Reuters

A saída da principal figura do Dépor é xa unha realidade pechada, Fabricio Coloccini asinaba na noite de onte o contrato que lle unirá ao Newcastle por tres tempadas e polo que o club herculino recibirá case doce millóns de euros máis incentivos. Esta tarde, o arxentino xa estará por terras inglesas, con todo, non quixo marcharse sen antes despedirse da afección branquiazul. En rolda de prensa, esta mañá en Abegondo, Coloccini afirmaba ter pasado os seus mellores momentos co Deportivo, sobre todo durante a tempada pasada, cando o equipo loitou por saír do buraco negro até converterse no mellor conxunto da segunda volta.

Agora Coloccini xogará na poderosa Liga inglesa pero antes de irse non quixo desaproveitar a oportunidade de deixar caer que, se dentro duns anos o Dépor quere velo de branquiazul outra vez, el estaría “encantado”.

Coloccini chegou ao Dépor no último ano de Irureta e dende o principio xa amosou a súa calidade na defensa e capacidade para liderar o vestiario. Con Caparrós non acabou de conectar, pero a marcha do andaluz e a chegada de Lotina converteuno na referencia do equipo a pasada campaña, na que disputou todos os minutos a un enorme nivel. O deportivo búscalle substituto e o mellor colocado é outro arxentino, Colotto.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil