Redacción . Pablo Coira regresa ao fútbol estatal e chega a un acordo co Espanyol, se ben en principio xogará co equipo filial en Terceira malia estar a piques de chegar aos trinta anos.
Un caso pouco habitual ten como protagonista a un futbolista galego, que chegou a un acordo para xogar nun filial malia ter case trinta anos. Porque o filial do Espanyol, de Terceira División, contratou ao lateral galego Pablo Coira, de 29 anos, que na pasada tempada estivo formando parte do Bradford City inglés, da First Division. Adestrará tanto cos rapaces como no primeiro equipo, no que podería ter algunha oportunidadee, pero en principio o seu lugar, tal e como confirmou o club catalán, estará cos máis novos. Coira asinou por un ano, é natural de Vilagarcía de Arousa e foi Campión do Mundo Sub-20 con España no campionato disputado en Nixeria. Formado no Compostela, o futbolista pasou polas filas do Celta, Alavés, Recreativo de Huelva e Figueres antes de emigrar a Grecia e probar sorte no Aris de Salónica, de onde emigrou a Inglaterra.
Coira, cando estaba no Celta