PUBLICIDADE
Domingo, 05 de xullo de 2009
BLOG ANA MIRANDA
Ana
Miranda
Política
Cita forzada cos inmigrantes
Inmigrante, persoa procedente dun pais que se instala noutro. Descobre agora, ao final da lexislatura, o presidente da Xunta, que o fenómeno inmigratorio, debe ser tratado de xeito transversal. Polo menos é o que verbalizou onte no encontro mantido con representantes de colectivos de inmigrantes. Se esta é a visión desta parte do Goberno galego, mal remata un enfoque de última hora, con visión eleitoralista, que exemplifica como se pode contar cos cidadáns doutros lugares residentes no noso pais, dun xeito xenérico, integrador e respectuoso ou ben cunha visión etnográfica, de acto de campaña. Vexamos cales poden ser os dous modelos.
 08.01.2009 | 10:04

Emilio Pérez Touriño no parlamento Emilio Pérez Touriño no parlamento. AGN

O primeiro acto de campaña do candidato do PSdG e actual presidente da Xunta foi cos colectivos de representantes de inmigrantes. Non me parece mal que isto se faga, ao contrario. Son representantes, como calesquera outros representantes de calquera entidade, colectivo, asociación, organización e deben ter interlocución co Goberno e diálogo constante. O que me resulta sorprendente é que a dia de hoxe non se cumprise o plano marcado pola área do Goberno encargada deste tema, e máis sorprendente é que a área denominada de Inmigración estea xestionada pola secretaria xeral de Emigración. Son dous fenómenos moi diferentes, emigración galega e relación coas colectividades e asociacións galegas no exterior e, por outra banda, a relación con persoas con status legal e ilegal procedentes doutros paises, que residen na nosa terra e que traballan e viven nela. Ao ser realidades diferentes, o enfoque debe ser diferente por completo e ser xestionado por áreas diferentes do Goberno. Así ocorre en administracións autonómicas ou nacións do dereito comparado dentro do proprio Estado. Un acto de campaña ou unha visión de "vostedes forman parte do noso pais": vivan como galegos, como ecuatorianos, como arxentinas, como paraguaios, como senegalesas, como palestinos, como caboverdianos, todo en confluencia, todo en relación e co respecto, promovendo a lingua, o acceso en condicións de igualdade e non de case escravitude nalgúns casos, ao emprego, e sobre todo a normalización dun fenómeno que é parte da realidade desta Europa e deste mundo, ante a que unha visión parcial, xa non vale. Son cidadáns, e xa que viven aqui, deben selo con todos os dereitos, e tamén con todos os deberes, e non simplemente público dun acto de campaña. E ben seguro que ali todos quen asistiron como convidados, foron de boa fe. Non comparto esta visión de última hora, pois os mecanismos existentes como órganos de representatividade non foron activos, nin as políticas de enfoque-subvención chegaron aos obxectivos esperados. Se cadra, pode que sexa eu quen teña un enfoque errado. Pode que estea demasiado influída por vivir nun barrio africano, ou porque a miña filla vaia en Bruxelas a unha escola cun 70 por cento de estranxeiros, porque compare as políticas con outros lugares do Estado ou de Europa, ou por ter falado moito este tema con representantes de colectivos de inmigrantes de Galiza. Ou se cadra é que admito que non me gustan as citas forzadas.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario. Grazas pola súa participación.
 
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río