PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
pendente de resolver incompoatabilidades
Cinco anos e nove xuíces para o 'Prestige'

Redacción .  O fiscal de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, confia en que as acusacións verquidas pola xuíz instrutora do caso do 'Prestige', Carmen Veiras, contra a súa predecesora sobre unha posible incompatibilidade do seu posto como maxistrada e o seu oficio de avogada, afecten o menos posible e non anulen parte do sumario, nun caso que acumula máis de cinco anos e medio de atraso. O CGPX podería cgegar a nomear un noveno xuíz en Corcubión desde a catástrofe.

Reloxo 13.05.2008 | 08:13

Voluntarios contra o chapapote do Prestige Voluntarios contra o chapapote do Prestige Esquerda   1 / 3  Dereita   En canto á suposta incompatibilidade o que puido darse foi "unha omisión administrativa" por parte da anterior titular do Xulgado número 1 de Corcubión, María Xesús Souto, que se limitaría a non cursar a súa baixa no Colexio de Avogados mentres ocupaba o seu cargo á fronte do tribunal. En todo caso García Ortiz , emprazou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a investigar os feitos.

Tanto o fiscal como as fontes consultadas no TSXG optaron por "ser prudentes" e "non se adiantar", posto que recordaron que estes feitos serán estudados o próximo venres pola Sala de Goberno do TSXG.

Dotación dun novo xuíz

En canto á dotación dun novo xuíz con dedicación exclusiva ao caso Prestige, fontes do Consello Xeral do Xudicial (CGPX) indicaron que o informe da xuíz aínda non chegou á comisión permanente para ser analizado.Paso previo e necesario para que se decida este reforzo.

En todo caso, o CGPX non descarta que o documento elaborado por Carmen Veiras poida estar en posesión do Consello "pero en fase de estudio".

Ao respecto do envío do informe, o TSXG asegurou que tivo lugar aú últma semana de abril. Ademais, confirmou que o prazo para a presentación de solicitudes de xuíces para facerse cargo do caso rematará o xoves.

Así, despois de que o CGPX aprobe o envío dun maxistrado a Corcubión --feito que non terá lugar, polo menos, ata o martes día 20--, o TSXG proporá un xuíz que deberá ser aprobado polo CGPX seguindo o procedemento ordinario.

Se se alcanza este acordo, o novo xuíz encargado de sacar adiante o caso Prestige será o noveno maxistrado que senta no Xulgado número 1 de Corcubión durante os máis de cinco anos e medio que acumula a fase de instrución.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil