PUBLICIDADE
Sábado, 04 de xullo de 2009
Os últimos desta lexislatura
Chegan ao Congreso os Orzamentos Xerais

Redacción .  O vicepresidente segundo do Goberno e ministro de Economía entregoulle ao Congreso dos Deputados o proxecto de Lei dos Presupostos Xerais do Estado de 2009. Pedro Solbes insistiu no carácter austero das contas orzamentarias que, malia e todo e segundo as súas declaracións, contemplan un 'razoábel apoio ao gasto social'.

Reloxo 30.09.2008 | 13:02

Pedro Solbes, ministro de Economía Pedro Solbes, ministro de Economía. REUTERS

Como en ocasións anteriores, Pedro Solbes posou ás portas do Congreso co lapis de memoria (de 227,5 Mb), o CD-ROM e o tradicional “Libro Amarelo” que conteñen o índice-resumo das contas públicas do ano que vén. Xa no interior, foi recibido polo presidente da institución, José Bono, co que presentou formalmente os Orzamentos.

O ministro de Economía volveu insistir na austeridade destes presupostos que, segundo dixo, foron elaborados coa intención de facer fronte á complexa situación actual. Malia que recoñeceu que esta situación vai obrigar a paralizar algúns proxectos e a “atrasar” moitos outros obxectivo, Solbes asegurou que non se van deixar de lado os investimentos produtivos nin o apoio ao gasto social que asegurou será “razoábel”.

Tramitación do texto

A Cámara Baixa estabelece para a semana do 11 ao 13 de novembro a aprobación en primeira instancia do proxecto orzamentario. Antes, os altos cargos dos distintos ministerios terán que detallar o proxecto do Goberno en comparecencias repartidas polas diferentes comisións do Congreso, entre os días 7 e 9 de outubro.

A seguinte fase, crucial na tramitación dos orzamentos, é o Debate de Totalidade no Pleno do Congreso, que se celebrará previsiblemente entre o 21 e o 22 de outubro. Os grupos terán até o 16 de outubro para presentar as súas emendas á totalidade.

Si se supera este trámite, o proxecto de Lei dos Presupostos pasará a debaterse en comisión dúas semanas despois, entre o 4 e o 6 de novembro, onde a oposición terá a oportunidade de forzar cambios puntuais, mediante emendas, no texto do Goberno. O prazo para a presentación destas emendas parciais concluirán dous días despois do Debate de Totalidade, o 24 de outubro.

Debate no Senado

Segundo este calendario, o seguinte paso será a aprobación do ditame no Pleno do Senado, debate que en principio terá lugar entre o 11 e o 13 de novembro. Se o Goberno supera a proba, o seu proxecto presupostario, o último da lexislatura, será remitido ao Senado, onde as maiorías son diferentes, o que podería traducirse nun veto ás contas públicas.

Este suposto obrigaría de novo ao Congreso a salvar o texto mediante o apoio dunha maioría absoluta da Cámara, para a súa conseguinte aprobación definitiva. Se non hai veto do Senado, o texto chegará en decembro ao Congreso para a votación definitiva, prevista para o 18 de decembro.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario. Grazas pola súa participación.
 
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río