PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Convenio da Xunta coa Vela
Cen barcos para actividades dos escolares

Redacción .  A Dirección Xeral para o Deporte cederá case un cento de embarcacións para que a Federación Galega de Vela organice actividades nos centros educativos.

Reloxo 14.05.2008 | 12:19

Asinan o convenio Vela-Xunta Asinan o convenio Vela-Xunta. DXD

A Dirección Xeral para o Deporte da Xunta asinou convenios de colaboración coa Federación Galega de Vela e con máis de vinte clubs náuticos para a cesión de case cen barcos para a realización de actividades de promoción da vela entre os escolares do seu Concello.

No acto participaron representantes de todas as entidades, así como o presidente da Federación Galega de Vela, José Ángel Rodríguez, e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto. A directora insistiu na necesidade de achegar a actividade deportiva da vela aos máis cativos e manifestou o seu “agradecemento a todos os clubs e a Federación pola súa colaboración”.

Pola súa parte, o presidente da federación indicou que “o obxectivo deste convenio é organizar este proceso e marcar as condicións de cesións deste material, que é para a promoción da vela entre os máis cativos”. Os barcos, que pertencen á Dirección Xeral para o deporte, será cedidos aos clubs ata finais do verán do 2009.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil