Redacción . Celta e Deportivo repartirán 3.000 entradas entre os seus seareiros. A organización da final da Copa Galiza quere asegurar o equilibrio entre afeccións nas bancadas do Couto de Ourense.
O Celta repartirá 1.500 localidades entre os seus seareiros e o Deportivo fará o propio. A Federación Galega de Fútbol e a Xunta de Galiza, organizadores do encontro do Couto, queren asegurar o equilibrio entre afeccións nas bancadas. Os socios do club celeste teñen preferencia sobre 1.000 das entradas que se poñen hoxe á venda. As outras 500 pódenas comprar afeccionados en xeral. Se os socios non dan comprado toda a cantidade prevista para eles, as restantes venderanse entre afeccionados do común. O encontro da final da Copa Galiza é o único Celta-Deportivo que se pode desfrutar en competición oficial, non só nesta tempada senón tamén no próximo campionato xa que ambos os conxuntos militarán en diferentes categorías.
Imaxe do último Celta-Deportivo, no 2007. Paco Vilabarros