Redacción . Con motivo da celebración do Día das Letras, o Departamento de Normalización Lingüística do Concello do Porriño realizará hoxe unha ceiba de libros.
Libros en movemento
O próximo venres 16 de maio, a partir das 18 horas, a Praza do Concello do Porriño será o escenario da segunda solta de libros que se fai na localidade. Ante a proximidade do Día das Letras, o Departamento de Normalización Lingüística deixará en lugares públicos libros xa lidos para quen desexe gozar deles. Coa posta en marcha desta iniciativa, os libros comezarán un periplo de man en man, xa que o lector, unha vez finalizada a lectura, debe ceibalo noutro lugar público que desexe.
Cada un dos libros da solta rexistraranse para que as persoas que os atopen saiban, tras entrar nunha páxina web, por onde viaxou o volume. O Concello estáos a recoller nunhas urnas situadas na Casa do Concello e na Casa da Cultura.