PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
CELEBRACIÓN DO 25 DE XULLO
Causa Galiza chama as bases descontentas co BNG

Manuel Vilas Os arredistas agardan convocar 'entre 1.500 e 2.000 persoas' na súa manifestación do Dia da Patria en Santiago.

Reloxo 20.07.2009 | 13:11

Rolda de prensa de Causa Galiza Rolda de prensa de Causa Galiza. Manuel Vilas Esquerda   1 / 7  Dereita   “Arrastrar a base social defraudada co nacionalismo institucional ou hexemónico para que traballe con nós”. Este é un dos obxectivos dos actos da plataforma soberanista Causa Galiza para o próximo Día da Patria, segundo explicou esta mañá o seu voceiro, Pedro Alonso.

Soberanía como solución á crise

A manifestación, que partirá as 13 horas da Alameda de Santiago, e un xantar popular no Parque de Belbís serán os principais eventos da terceira convocatoria de Causa Galiza por mor do 25 de Xullo. O lema deste ano é “Contra a crise do capital, soberanía nacional”.

Alonso salienta que a recesión estase a agravar no país pola “toma de decisións en ámbitos alleos”. Para Causa Galiza, a soberanía nacional é a única alternativa para que Galiza deixe de ter unha economía sometida ás decisións foráneas.

Chamamento aos descontentos co autonomismo

Por iso o voceiro insistiu que “o 25 de Xullo quen queira defender sen ataduras o dereito de Galiza a autodeterminación debe acudir a manifestación de Causa Galiza”. Alonso fixo un chamamento específico aos militantes do Bloque descontentos coa “práctica autonomista”. “Hoxe en día persiste dentro do BNG unha base social próximo aos nosos principios pero que soporta unha política contraria a eses principios”, argumentou.

Representantes de forzas indepedentistas como Frente Popular Galega, Nós-UP, Movemento pola Base, Partido Comunista do Povo Galego, Espazo Irmandinho e Corrente Vermella tamén participaron na rolda de prensa.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río