PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
Festival de Danza Contemporánea de Vigo
'Catropezas' continúa malia a falta de recursos

Redacción .  O Festival de Danza 'Catropezas' que organiza o Teatro Ensalle de Vigo empeza hoxe. Malia o recorte de fondos por parte da consellaría de Cultura, que este ano non aportará 8.000 euros ao evento, o festival contará con 13 actuacións até o vindeiro día 29 de novembro.

Reloxo 06.11.2009 | 11:14

O programa desta cuarta edición do Festival de Danza Contemporánea de Vigo trae dende hoxe até o 29 de novembro 13 funcións nos que participarán compañías como Pisando Ovos (Galiza), Matxalera (Euskadi) ou Provisional Danza (Madrid) e actuacións de coreógrafos e bailaríns como Antía Díaz, que actúa por primeira vez en Vigo, ou Ruth Balbís.

Catropezas tamén ten un espazo para a formación, de xeito que entre os días 24 e 26 de novembro a recoñecida bailarina Carmen Werner impartirá un curso intensivo.

Ante a falta de apoio económico por parte da consellaría de Cultura, os organizadores deste evento, Teatro Ensalle, puxeron en marcha unha campaña para solicitarlle á Xunta que rectifique e conceda a subvención de 8.000 euros concedida nas anteriores edicións.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río