PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
O Parlament aproba a Llei d'Educació
Catalunya reforza a inmersión en catalán no ensino

Redacción .  O Parlament vén de aprobar cunha ampla maioría a Llei d'Educació de Catalunya (LEC) grazas aos votos favorábeis de PSC, ERC e CIU. ICV-EUiA abstívose no preámbulo e votou en contra de dous títulos, mentres que tanto PPC como Ciutadans rexeitaron o texto enteiro.

Reloxo 01.07.2009 | 16:21

Crianzas nunha escola infantil Crianzas nunha escola infantil. AGN

“A Nova lei é de país, sentido ao Estatut e é a súa prolongación natural”. Con estas verbas, o conseller de Educació, Ernest Maragall, defendía na tribuna o contido da lei. No seu discurso
destacou que norma está fortalecida e consolidada “polo ditame favorábel do Consell Consultiu".

O texto detalla os ensinos obrigatorios, que declara gratuítas, e a oferta do "servizo de educación de Catalunya" nos centros públicos e concertados, que ten que garantir unha educación de calidade e en condicións de igualdade.

Entre os aspectos máis destacados, figura o que define o catalán como lingua vehicular, e blinda a inmersión lingüística, ademais de deixar sen efecto o decreto estatal que prevía a terceira hora de castelán.

O articulado prevé as prioridades de subvención aos centros concertados e considera de atención preferente os que aplican o principio de coeducación, ademais de buscar a corresponsabilidade destas escolas na admisión de alumnos inmigrantes. 

Reaccións

O deputado de ERC Josep Maria Freixanet eloxiou que a LEC "supere o enfrontamento histórico entre as dúas redes escolares sostidas con fondos públicos" e, sobre o capítulo lingüístico, sinalou que "había que dar as garantías xurídicas" ao catalán.

A portavoz de ICV-EUiA, Dolors Camats, lamentou "a oportunidade perdida" ao aprobar a lei sen o apoio do seu grupo, a pesar de ser un dos que sustentan ao Govern. Camats rexeita a "columna vertebral" da LEC porque, segundo dixo, permite subvencionar centros sen coeducación, e tamén porque ICV-EUiA preconiza o concepto de "servizo público de educación" en vez do de "servizo de educación de Catalunya".

Os deputados Rafael López, do PPC, e Antonio Carballos, do grupo mixto, rexeitaron a norma por non contar co suficiente apoio social e polos aspectos lingüísticos. Mentres que o primeiro denunciou que "é unha lei de despacho e de coche oficial", o ex deputado de Ciutadans afirmou que "fomenta o nacionalismo catalán".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río