PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Venceu na final (51-66)
Catalunya gaña o Trofeo das Nacións ante Galiza

Redacción .  A selección catalá de baloncesto feminino cumpriu cos pronósticos e levouse o I Trofeo das Nacións, que se celebrou en Compostela. As catalás superaron na final a unha selección galega que amosou un bo nivel pero tivo que ceder ante gran o primeiro e último cuarto das visitantes.

Reloxo 18.05.2008 | 08:36

Imaxe do Galiza-Catalunya Imaxe do Galiza-Catalunya. FGB

A selección catalana fíxose co triunfo no I Trofeo das Nacións, disputado en Compostela. As xogadoras de Sílvia Font sentenciaron o título ante a selección galega cun resultado final de 51- 66. A diferencia estabelecida polas xogadoras catalanas no primeiro cuarto, cun parcial de 10 - 21, foi sumamente importante para marcar unha vantaxe que as galegas, malia a igualdade que amosaron coas catalanas no segundo e terceiro cuarto, con parciais de 14 - 13 e 15-15, no puideron remontar.

No derradeiro cuarto de encontro, as catalanas desfixeron a igualdade para así establecer o marcador final ao seu favor e así cumprir co seu papel de favoritas. As máximas anotadoras de Catalunya, e tamén as xogadoras máis destacadas en todo o torneo foron Sandra Gallego (10 puntos) e Marta Fernández (15 puntos). Por parte das galegas destacou, neste encontro, o labor de Sara Gómez (8 puntos) e de Regina Gómez (9 puntos)

Euskadi, terceira

As seleccións de Euskadi e Portugal desputaron, como aperitivo á gran final entre catalanas e galegas, o encontro que determinou o terceiro e cuarto posto. Finalmente foron as xogadoras vascas as que, grazas a un gran papel de Amaia Mendiolagarai con 25 puntos (máxima anotadora do encontro), acadaron a victoria por 66 a 45. Na selección lusa destacou o xogo de Ana Fonseca e Sara Filipe, ambas con 10 tantos.

O I Trofeo feminino das Nacións das nacións botou así o seu peche agardando a ta o mes de xuño no que se celebrará, en Cataluña, a súa edición masculina.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil