Redacción . Con motivo da celebración do Día das Letras, Igor Lugrís vén de realizar unha edición especial do seu poema 'A minha língua quero na tua boca', que se presenta a través de seis tarxetas diferentes.
Autocolante deseñado por Igor Lugrís
1 / 3
A edición das tarxetas, que inclúen no seu interior o poema A minha língua quero na tua boca, forma parte do proxecto en contrución Poesías para ver/ poesías para ler, no que actualmente está a traballar o autor.
Tanto o poema como a maquetación, reprodución e distribución son do propio Igor Lugrís. As imaxes das que se vale para os 12 autocolantes que acompañas ás tarxetas están tiradas de obras de Andy Warhol, Roy Lichtenstein ou Rodchenko, aínda que manipuladas polo propio Lugrís.
A colección de tarxetas está a ser distribuída de xeito gratuíto por todo o país.