Redacción . O Hotel San Francisco de Santiago acolle esta tarde a entrega do 'Premio Galicia Investigación', que este ano recaeu no catedrático Carlos Pajares pola súa traxectoria no eido da física.
Carlos Pajares.
A Consellaría de Innovación e Industria celebra esta tarde a gala de entrega dos “Premios Galicia Investigación”. Este galardón, que Industria convoca anualmente como máximo recoñecemento institucional á investigación, recaeu no catedrático e ex reitor da USC, Carlos Pajares Vales. Na categoría de investigadores novos, recibirán o premio Miguel Anxo Correa Duarte, doutor en Químicas, e Roberto López Valcarce, enxeñeiro en Telecomunicacións.
Os premios, que na categoría sénior están dotados con 38.000 euros e con 7.000 na categoría de investigadores novos, entregaranse ás 19.00 horas no Hotel San Francisco de Santiago de Compostela. Ao acto asistirán destacados membros da comunidade científica e investigadora galega e autoridades institucionais.
Descargar Tarifas