PUBLICIDADE
Xoves, 15 de maio de 2008
Economía
Caixanova reforza a súa participación en Unión Fenosa

E. P A caixa galega Caixanova reforzou a súa posición en Unión Fenosa ao comprar 38.421 accións da eléctrica por 1,68 millóns de euros, segundo consta nos rexistros da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

 04.03.2008 | 13:24

Esta operación, materializada o 27 de febreiro a un prezo por acción de 43,93 euros, realizouse dúas semanas despois de que a caixa investise outros 10,39 millóns de euros na compañía presidida por Pedro López Jiménez.

A CNMV atribúe unha participación do 5,022% a Caixanova, pero non inclúe nesta porcentaxe nin o movemento notificado hoxe, equivalente ao 0,012% do capital, nin o de fai quince días, do 0,077%.

Fernández Gayoso

Estas dúas últimas operacións foron realizadas a través do presidente de Caixanova, Xullo Fernández Gayoso, que exerce ademais de conselleiro en Unión Fenosa desde finais de xaneiro.

Fernández Gayoso dispón a título persoal de 1.720 accións da eléctrica, cuxo valor a prezo de mercado ascende a 72.136 euros. Unión Fenosa perdía hoxe un 1,3%, ata 41,94 euros, nunha sesión na que o Ibex deixábase o 0,8% do seu valor.

Caixanova é un dos accionistas de referencia da eléctrica, por detrás de ACS (45,3%). Caixa de Aforros do Mediterráneo conta cun 5,15%, mentres que Caixa Galicia ten un 5% e Banco Pastor un 1,86%.nez asegurou que a súa compañía ten "raíces moi importantes en Galicia", a pesar de que "nunca houbo un núcleo galego" de accionistas.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil