Redacción . Caixa Galicia vén de implantar na súa banca telefónica unha tecnoloxía baseada no recoñecemento de voz para operacións automaticamente. Até agora esta tecnoloxías estaba dispoñíbeis en varios idiomas –como castelán e catalán– pero non en galego.
Caixa Galicia iniciou un proxecto en 2007 para incorporar o idioma do país a este servizo. Nel contouse coa colaboración da empresa tecnolóxica Tecnocom, a compañía especializada en servizos telefónicos Loquendo, as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, o Instituto da Lingua Galega e a Consellería de Innovación a través da Dirección Xeral de I+D+i.
En pleno funcionamento en setembro
O servizo en galego xa funciona nalgunhas aplicacións máis simples da banca telefónica. Con todo, Caixa Galicia advirte que “”en xuño aplicarase a nova tecnoloxía ao conxunto da banca telefónica e en setembro implantarase o servizo en galego”.
A entidade financeira informa que “grazas ao desenvolvemento desta tecnoloxía, outras empresas ou organismos poderán adquirila para o seu emprego en páxinas webs, portais de voz, GPS, etc.”