PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
A busca de financiamento baséase no negocio inmobiliario da entidade
Caixa Galicia completa unha emisión de débeda de 500 millóns

Redacción .  Investidores institucionais nacionais e estranxeiros, con maioría de españois, alemáns e portugueses, adquiriron os 500 millóns que Caixa Galicia emitía en forma de cédulas hipotecarias a un plazo de 2 anos e a un tipo de xuro do 5,265 por cento.

Reloxo 15.05.2008 | 16:55

Fontes da entidade sinalaron que “este feito constata a confianza do mercado en Caixa Galicia”. Nun comunicado da propia caixa indícase que “mantén unha folgada posición de liquidez, que supera os 4.000 millóns de euros, en ausencia de vencementos de débeda maiorista no que resta do presente exercicio.

Non obstante, os analistas financeiros independentes sinalan que o alto tipo de xuro desta emisión de débeda, que se alonxa 126 puntos básicos do tipo de interese do Banco Central Europeo (o 4 por cento), é indicativo da crise de confianza que aínda perdura nos investidores internacionais. Uns meses atrás, é posíbel que Caixa Galicia fose quen de recadar estes fondos pagando un tipo de xuro moi inferior.

A este indicio de problemas no financiamento, común a todas as caixas estatais únese a venda das oficinas da entidade fóra de Galiza, nas que pasa a estar alugada con opción a recompra, e da súa participación en Unión Fenosa.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil