Redacción . Antes da suspensión de pagos da inmobiliaria, a entidade aportou unha provisión preventiva de 78 millóns. A caixa destaca 'a súa tradicional política de prudencia e anticipación de riscos'.
Caixa Galicia comunicou o martes á Comisión Nacional do Mercado de Valores, tras a solicitude de concurso de acredores anunciada por Martinsa-Fadesa, que contabilizou con cargo aos orzamentos do primeiro semestre deste ano unha provisión preventiva de 78 millóns, informa Europa Press. Non máis este ano A caixa galega explicou que con tal provisión, non terá que realizar máis dotacións durante todo 2008 para cubrir o risco con Martinsa-Fadesa, que onte anunciou a suspensión de pagos. A entidade financeira explicou que "de acordo coa súa tradicional política de prudencia e anticipación de riscos", decidiu provisionar eses 78 millóns de euros, que se cubriron "con plusvalías realizadas no mesmo período".