PUBLICIDADE
Martes, 13 de maio de 2008
Asemblea de refundación o sábado na Coruña
CAE e CAF fundiranse nunha nova organización

Redacción .  Con azos de crear unha organización forte que integre tanto os estudantes de ensino medio como os universitarios, os CAE e os CAF crearán un novo organismo na asemblea de refundación que se celebra na Coruña o sábado, 10 de maio.

 08.05.2008 | 12:48

Manifestación dos CAF en Compostela, no ano 2000
Manifestación dos CAF en Compostela, no ano 2000. Andrés Panaro

Logo de 25 anos andados, no caso dos CAF, e 22, no caso dos CAE, as organizacións nacionalistas estudantís fúndense nunha nova estrutura que abranguerá os estudantes de ensino medio e os universitarios. O proceso de refundación finaliza este sábado na Coruña despois de ter debatido en ambas as dúas organizacións a necesidade de artellar un órgano único con maior forza.

Gael González, responsábel nacional dos CAF, apunta que a refundación responde a motivos tanto políticos como de organización. “Na situación actual, o ensino necesita contar con órganos que integren todos os estudantes para debater en conxunto”. Segundo González, existen dificultades para manter unha organización con capacidade de actuación no ensino medio. “É complicado captar recursos e mesmo acceder a locais nos institutos”, explica. O responsábel nacional da organización que até o de agora só abranguía estudantes universitarios engade que cunha soa estrutura “garantiremos a continuidade entre os que entran nos CAE dos institutos e que logo pasan á universidade”.

Liñas fundacionais

A nova organización funcionará co modelo confederal de listas abertas. “Haberá consellos autónomos coordenados por un grupo de estudantes. Por un lado, haberá un Consello Nacional de Universidade e, polo outro, un Consello Nacional de Ensino Medio”, explica González.

Tanto a tese política, como a organizativa e distintas propostas que afectan ao órgano debatiranse e decidiranse na asemblea de refundación que se celebra dende as 11 da mañá no Centro Cívico dos Maior, na Coruña. O acto de clausura terá lugar a partir das 18 horas.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil