PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Recuperado dunha lesión de xeonllo
Cabanas, convocado con Suíza para a Eurocopa

Redacción .  Ricardo Cabanas volta a unha convocatoria de Suíza tras máis dun ano afastado da internacionalidade. O galego está entre os 26 escollidos para a preselección que disputará a Eurocopa na que son anfitrións os helvéticos.

Reloxo 14.05.2008 | 07:44

Ricardo Cabanas Ricardo Cabanas. Paco Vilabarros

Foi a gran sorpresa da lista do seleccionador suízo, Köbi Kuhn, publicada onte. Ricardo Cabanas non entraba en ningunha quiniela e a súa presenza na Eurocopa dábase por descartada, malia o galego xogar tanto o campionato europeo de hai catro anos en Portugal como o mundial de Alemaña hai dous. A súa lesión de xeonllo en setembro e a ausencia das convocatorias internacionais por máis dun ano facían improbábel que o técnico se lembrase del.

Ricardo Cabanas, que non tivo sorte na súa aventura alemá co Colonia, volveu xogar tras a lesión en febreiro no Grasshopper de Zurich. Desde aquela, mellorou xornada a xornada e os que o seguen consideran que recuperou o bo nivel que o fixera apetecíbel hai dous anos para clubs de varios países.

"El traballou moito despois da lesión", dixo del Kuhn. "Non era fácil volver a un bo nivel e mostrou que podiamos contar con el. Prometeume que vai facer a miña escolla moi complicada, dando o máximo".

O seleccionador suízo falou de Cabanas con grande admiración. "Actualmente está entre os xogadores con máis experiencia do grupo. Esa veteranía no medio campo pode ser beneficiosa para o equipo pero non teño nada decidido aínda", concluíu.

Ricardo Cabanas, suízo fillo de galegos, é un mediocampista que se adapta tanto ao posto de pivote destrutivo como o de organizador. Foi internacional tamén con Galiza.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil