PUBLICIDADE
Sábado, 04 de xullo de 2009
Un deles é un libro-CD con fragmentos de discursos
Buenos Aires acolle hoxe a presentación de dous libros de Suárez Picallo

Redacción .  Co gallo das celebracións do 87º aniversario da súa creación, a Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina presenta hoxe o libro 'Unha voz galega no exilio. Ramón Suárez Picallo', a cargo do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.

Reloxo 14.11.2008 | 07:01

Ramón Suárez Picallo dando un discurso Ramón Suárez Picallo dando un discurso

A partir das 19.00 horas, o Salón Arturo Cuadrado da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina, en Buenos Aires, acolle a presentación do libro-CD Unha voz galega no exilio. Ramón Suárez Picallo, a cargo de Ramón Villares.

A obra recolle os fragmentos dos discursos do galeguista entre os anos 1959 e 1964, cuxos textos foron reproducidos no libro xunto cunha especificación detallada da orixe ou situación na que esas mensaxes se emitiron. As intervencións que se recompilan estaban dirixidos á colectividade emigrada e exiliada e referíronse a distintos temas da política e a cultura de Galiza.

Durante a xornada tamén verá a luz outro libro sobre Suárez Picallo, que recentemente foi presentado en Sada co gallo do traslado dos restos do dirixente ao cemiterio de Fiunchedo, na súa cidade natal. Trátase de Anos de formación política. Selección de textos 1916-1931, recompilados polo historiador Hernán Díaz, no que se reúnen textos políticos ou ideolóxicos do período de militancia en Buenos Aires.

A obra, ademais, contén unha investigación que profunda particularmente na militancia de Suárez Picallo no socialismo, no nacente comunismo, partido do que foi fundador e dirixente durante varios anos, e no sindicalismo marítimo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario. Grazas pola súa participación.
 
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río