PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Literatura Infantil e Xuvenil
Bota a andar o XI Salón do Libro de Pontevedra

Redacción .  O XI Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra comezou coa presenza de máis de 300 persoas no Auditorio do Pazo da Cultura, onde tivo lugar unha actuación da Aula Folque Infantil.

Reloxo 08.02.2010 | 08:54
TAGS: salón , libro ,

Detalle do cartaz do Salón do Libro de Pontevedra Detalle do cartaz do Salón do Libro de Pontevedra

Na presentación desta edición, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, resaltou que este ano a protagonista "non é só a cidade de Pontevedra", senón todas as do mundo. Xunto a isto, sinalou que os pontevedreses "teñen que mostrarse orgullosos" do idioma galego e servirse del "para facer cousas positivas das que se compón a vida".

Ademais, a concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Lola Dopico, sinalou que o salón ten o obxectivo de "facer aparecer brotar o amor polo libro nun primeiro paso por entrar no mundo da literatura".

As actividades que están previstas entre o 7 de febreiro e o 14 de marzo, son para todos os públicos e inclúen espectáculos, música, exposicións e conferencias. Ademais realizaranse diversos talleres para o fomento da lectura.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río