PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
CRITICA A SUbMISIÓN AO CAPITALISMO
Beiras: 'Haberá que ir ao San Froilán'

Manuel Vilas O ex-líder do BNG ataca a resposta da Xunta á crise e adianta que non estará na proclamación de Anxo Quintana como candidato á presidencia o 5 de outubro.

Reloxo 26.09.2008 | 17:20
TAGS: Beiras , BNG , Quintana , crise ,

Xosé Manuel Beiras Xosé Manuel Beiras. AGN

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

O ex-voceiro nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, non está “en absoluto” de acordo coas medidas que está a tomar a Xunta de Galicia e outras administracións para neutralizar a crise. "Todos os gobernos, incluídos o galego, adáptanse e funcionan nos corpiños e tentáculos" do "imperio" capitalista, dixo o experto, que censurou o "divorcio" entre as demandas sociais e a actuación política. O catedrático de Economía da Universidade de Santiago reclama que os poderes públicos non fagan de “bombeiros” e “neguen axudas aos que causaron a crise”.

Con todo, Beiras considera que a capacidade do Goberno Galego para responder á recesión é limitado. “Galiza non ten un poder baseado na soberanía, non ten un espazo libre de decisión e, polo tanto, non pode abrir fendas no sistema como podería o Estado español”, dixo. Por iso demandou para Galiza “o dereito de autodeterminación” por ser “parte indisociábel dos dereitos democráticos”.

En opinión de Beiras, a actual recesión constitúe a crise do modelo económico que impulsou a globalización e a liberalización dos mercados. Porén, o experto defende que estamos no intre en que “os políticos neguen a axuda aos que causaron a crise”.

Non estará na proclamación de Quintana
Por outra banda, o ex-líder do Bloque foi preguntado se finalmente acudirá á Asemblea Nacional extraordinaria do BNG, pois a corrente que lidera, o Encontro Irmandiño, anunciou a súa ausencia como protesta polo sistema de delegados, que substitúe ao tradicional funcionamento asembleario do Bloque.

Beiras preferiu non responder a nada que non fose cuestións sobre o Foro Social Galego, que terá lugar a comezos de decembro, e o Foro Social Europeo, motivo da súa rolda de prensa esta mañá en Santiago. Con todo, adiantou que o 5 de outubro, data da asemblea, tamén son as festas do San Froilán en Lugo, polo que "haberá que ir".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río