PUBLICIDADE
Luns, 06 de setembro de 2010
ENTREVISTA A XOSÉ MANUEL BEIRAS
Beiras: 'Cómpren cambios aínda que algúns ricos se arruínen'

Manuel Vilas Beiras reclámalle á Xunta 'independencia de criterio' e 'coraxe' para que tome medidas diferentes das da UE e evitar 'salvar aos delincuentes que crearon a crise e afogar aos cidadáns'. O catedrático cualifica de 'acontecemento decisivo' o Foro Social Galego para organizar dende Galiza unha resposta alternativa á recesión.

Reloxo 28.11.2008 | 07:00

Entrevista a Xosé Manuel Beiras sobre o Foro Social Galego. Bocixa/R. Rey/M. Vilas

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

A Xosé Manuel Beiras non lle treme o pulso á hora de avaliar a resposta da Xunta e do Estado á crise. O catedrático de Economía da USC reclama “medidas redistribúan cara abaixo no lugar da redistribución cara arriba que están facendo, medidas que pensen na maioría social aínda que haxa ricos que se arruínen e entidades financeiras que se vaian ao tacho”.

O ex-líder do BNG admite que fai falta “moito valor político” no Goberno para operar tales cambios. Preguntado sobre se os dirixentes galegos teñen esa valentía, Beiras responde que os gobernantes galegos “teñen que demostrar se teñen coraxe ou non, sobre todo se teñen independencia de criterio”.

Así o declara nunha entrevista con ANT TV por mor do Foro Social Galego (FSGAL), que comeza o 5 de decembro en Compostela coa colaboración de máis de cen colectivos.

Foro Social Galego

Para o político nacionalista, o FSGAL é un “acontecemento decisivo”. Beiras destaca destaca que “Galiza ten unha experiencia de organización momentos alternativos antes incluso de que se comezase a celebrar os Foros Sociais Mundiais, como é o caso de Galiza no tardofranquismo”.

O único representante do país no Consello Internacional do Foro Social Mundial defende a diversidade ideolóxica do cento de colectivos que se xuntarán durante unha fin de semana no Campus Norte da USC. Na entrevista, Beiras explica que unha das causas do nacemento destes foros é as dificultades do diálogo entre o tecido social e os partidos políticos.

Avaliación da resposta do bipartito

Sobre as inciativas que está a tomar a Xunta contra a recesión, o catedrático de Economía da USC alerta que “as medidas que tomaron inicialmente van na liña das tomadas polos gobernos do estado e europeos; o perigo consiste en que acaben salvando aos delincuentes que crearon a crise e afogando aos cidadáns”.

O ex-portavoz nacional do Bloque demanda solucións que “abran fendas” no sistema e non “poñerlle parches, darlle vitaminas, darlle antibióticos para que o capitalismo dure cen anos máis”.

“Eu comprendo que un goberno ten que tomar medidas para conter a crise pero por outra banda ten que abrir liñas que vaian na dirección única posíbel que dure no tempo; e para iso fai falta moito valor, moita coraxe”, conclúe.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río