PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Como vicepresidente e secretario
Baltar e Balseiro completan a cota do PP na Mesa do Parlamento

Europa Press O deputado por Ourense Xosé Manuel Baltar Blanco como vicepresidente primeiro e o parlamentario por Lugo Xosé Manuel Balseiro como secretario completarán, xunto a Pilar Rojo como presidenta da Cámara galega, os tres postos cos que conta o PPdeG na Mesa da Cámara galega durante a VIII Lexislatura, que arrancará este mércores.

Reloxo 31.03.2009 | 07:53
TAGS: Baltar , Balseiro , Mesa , Parlamento , PPdeG ,

Xosé Manuel Balseiro nunha comisión de Pesca do Parlamento Xosé Manuel Balseiro nunha comisión de Pesca do Parlamento. Pepe Ferrín/AGN

Xosé Manuel Baltar ascende así de vicesecretario da Mesa, cargo no que estivo na pasada Lexislatura, ao posto número dous da Mesa da Cámara galega, mentres que Balseiro exercera como voceiro da área de Pesca do Grupo Popular durante o pasado período lexislativo.

O presidente do Grupo Parlamentario Popular e próximo presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, anunciou os nomes de ambos os dous deputados para ocupar os postos da Mesa do Parlamento durante a súa intervención no programa 'Hai debate' da TVG.

Segundo un comunicado do PPdeG, Feixóo trasladou este luns a ambos os dous parlamentarios electos esta decisión “unha vez escoitadas oralmente e por escrito" as opinións dos deputados 'populares', o secretario xeral do partido e os presidentes provinciais, entre os que está o pai de Xosé Manuel Baltar, que preside as filas 'populares' en Ourense.

Currículos

Ademais de vicesecretario da Mesa do Parlamento, Baltar Blanco tamén foi vogal e secretario da Deputación Permanente, membro das comisións do Regulamente e de Peticións e vogal da Comisión de Economía e da Industria. Ademais, este deputado, que é funcionario do Corpo Superior da Administración galega, foi membro da comisión que estudou a reforma do Estatuto de Autonomía.

Pola súa banda, Balseiro exerce dende 1999 o posto de primeiro tenente de alcalde de Cervo (Lugo), concello no cal é voceiro do PP. Durante a pasada lexislatura, ademais de ser voceiro de Pesca, foi membro da Comisión para as relacións co Consello de Contas e da Comisión do Regulamento.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río