PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Só o 13% dos municipios os teñen en regra
Axudas para que os concellos actualicen os Plans de Ordenación

Europa Press A consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciou hoxe a creación dunha liña de axudas aos concellos para que redacten os seus Plans de Ordenación Municipal. Só o 13 por cento dos concellos galegos ten este documento en regra.

Reloxo 09.02.2010 | 15:20

Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.. AGN

O titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou hoxe a creación destas axudas co fin de que os concellos “redacten” os seus respectivos plans xerais ou “os actualicen” de acordo á Lei do Solo de Galicia de 2002.

Estas subvencións suman un importe de 10 millóns de euros e engadiranse aos 18,9 das anualidades en curso de axudas aprobadas en exercicios anteriores.

Hernández xustificou estas axudas aludindo que na actualidade só 42 concellos galegos contan co seu PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) adaptado á lei vixente, mentres que outras 196 teñen “algún tipo de norma” e os 77 restantes carecen de “figura” de planeamento urbanístico.

“Hai que dar un impulso ao planeamento municipal”, concluíu o titular de Medio Ambiente, que apostou por “mellorar a eficiencia” do traballo do seu departamento no tempo de resposta, introducir cambios lexislativos e habilitar novas axudas.

Hernández informou que 216 municipios xa contan coa subvención da Xunta para redactar o PXOM, cifra que supón que o 82 por cento “xa recibe ou está a piques de facelo” unha axuda para este concepto.

Axudas

As subvencións oscilan entre o 80 por cento do custo total da redacción do plan para os concellos de entre 20.000 e 50.000 habitantes, ata o cento por cento para as localidades de menos de 5.000 censados. As vilas de entre 5.000 e 20.000 habitantes recibirán o 90 por cento da cuantía total.

O importe entregarase de xeito parcial, en cinco partes iguais, a medida que se firme o contrata para iniciar o plan, a documentación chegue á Xunta e se aprobe inicial, provisional e definitivamente a norma en cada concello.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río