PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
9M: Novas candidaturas
AVE, un partido que renuncia a ideoloxías e a gobernar

Esther Rodríguez É unha das propostas máis frescas para a cita do 9 de marzo. A Asamblea de Votación Electrónica non quere gobernar senón ser o “Pepito Grillo” dos políticos, con Internet como ferramenta.

Reloxo 08.02.2008 | 11:58
TAGS: 9M , candidaturas , AVE ,

Juan Rodríguez Marticorena, candidato de AVE Juan Rodríguez Marticorena, candidato de AVE Se de proxectos novidosos se trata, o partido que máis racha coas convencións políticas de entre todos os que se presentan ás eleccións do 9 de marzo é a AVE (Asamblea de Votación Electrónica). Por que? Pois porque non é habitual atopar unha formación que renuncie “a ideoloxías, a participar no Goberno e a recibir financiamento de créditos bancarios”, como eles propugnan.

A clave do proxecto, segundo explica Juan Rodríguez Marticorena (segundo na candidatura ao Congreso pola Coruña), é activar todo o seu movemento a través dunha “asemblea virtual”, buscando atraer aos abstencionistas “que non están satisfeitos coa oferta que aparece e que non van estar representados”.

AVE naceu o pasado mes de novembro polo afán dun grupo de amigos da Coruña e Santiago de Compostela. “Falabamos de política cada un dende a súa perspectiva, académica e non ideolóxica”, comenta Rodríguez Marticorena, que sinala que o expuxeron como un reto contra o “moito falar e non facer nada”.

Utilizan “todos os recursos que Internet pode aportar” e pretenden exercer como unha especie de “Pepito Grillo” trasladando as súas posicións “aos profesionais” da política.

Cotexar os distintos puntos de vista

Teñen tres compromisos básicos: “brindar información o máis independente posíbel, dando sempre o punto de vista dos terceiros”, “crear un ámbito de discusión de todas as ideas, porque a información debe cotexarse” e “trasladar de xeito transparente o que decida a asemblea no momento dos votos”.

Temas abertos como as células nai ou o cambio climático


Segundo explica Juan Rodríguez, exercerán unha especie de “reserva” de votos e, cando algún dos votantes queira presentar algunha proposta na asemblea, poderán recuperalo e expresarse con voz propia. “Moitos dos problemas que se van plantear agora non teñen unha solución preestabelecida, como poden ser as células nai ou o cambio climático. O que queremos é que cada persoa, segundo a súa capacidade e coñecemento, exprese distintos puntos de vista”, sinala.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río