PUBLICIDADE
Sábado, 04 de xullo de 2009
Roubo con controversia linguistica
Atrácano e non o deixan falar en galego

Redacción .  Hai dez días Xulio Costas despertaba nun pequeno cuarto da súa empresa, encañonado por tres persoas. O roubo forma parte doutros que se están producindo en bairros de Vigo por unha banda que a policía cré formada por kosovares. O atraco a este home levou aparellada esixencia idiomática: 'Habla español, nosotros no entender'.

Reloxo 29.05.2008 | 18:47
TAGS: Xulio Costas , atraco , Vigo ,

Xulio Costas Xulio Costas

Cóntao o protagonista na edición do Faro de Vigo. "Eu deitárame tarde. Tiña que viaxar ao día seguinte e boteime a durmir no cuarto da casa-exposición [refírese á empresa Las Cinco Jotas, de casas prefabricadas de madeira]. Despertei porque notei que alguén me estaba batendo na cara. Crín que era un soño. Estaba a escuras pero vin que sangraba porque me enfocaban cunha lanterna. Tentei levantarme. Imposíbel. Un tíñame collido polo pescozo, outro cravábame as rodillas no peito e o terceiro cegábame coa luz. Ían encarapuchados e vestidos cunha especie de uniforme".

Galego, 'no entender'

O chamativo é o que conta Xulio Costas, do comezo do atraco: 'Empecei a maldicilos en galego e o primeiro que me contestaron foi 'Habla español, nosotros no entender'. Era claramente en acento eslavo.

Ao final o atraco foi violento pero tivo pouco resultado, aínda que Xulio Costas segue co medo no corpo, 'é que en calquer momento esta xente fai unha carnicería".

 

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río