PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
FILTRADOS OS PRIMEIROS DETALLES
Así será o novo navegador Firefox 4.0.

Redacción .  Un dos creadores da nova versión de Firefox, 'Firefox 4.0' colgou no seu blog algúns borradores que mostran as actualizacións do navegador. Os cambios principais incumben aos botóns de 'stop', 'actualizar' e 'ir', que se combinan agora nun botón que cambia de cor.

Reloxo 24.12.2009 | 12:03

Aspecto do futuro Firefox 4 Aspecto do futuro Firefox 4. Stephen Horlander

Aínda que en xullo a web 'Mashable.com' xa filtrou algunhas imaxes das modificacións que sufriría o navegador, é agora cando se coñecen os verdadeiros cambios. Nas imaxes que se coñeceron o verán pasado permanecían intactos os conceptos principais.

Con todo, nas que o colaborador e deseñador do proxecto Mozilla, Stephen Horlander, compartiu no seu blog estes días poden observarse cambios significativos. Entre eles, a combinación dos botóns 'stop', 'actualizar' e 'ir' nun só: o 'App button'.

O novo botón situarase na parte superior esquerda simulando o mesmo enfoque das aplicacións de Windows 7 e Microsoft Office. Segundo Horlander, o 'app button' é máis sinxelo e ocupa menos espazo ao condensar varias accións.

Pero non é esta a única novidade do navegador para o 2010, o botón de ferramentas vólvese tamén máis visible en múltiples fondos e a posición da barra de navegación vese reducida.

Ademais, os marcadores de páxina vólvense máis funcionais xa que, se non son modificados polos usuarios, non aparecerán por defecto.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río