Redacción . Un estudo realizado pola Clínica Mayo de Minessota, nos EE UU, sinala que as tabaqueiras introducen nos cigarros polonio 210, unha substancia canceríxena que xa lprovocou varios miles de mortes entre os fumadores.
Ao polonio 210 atribúenlle a responsabilidade de máis de 11.000 casos de cancro en Norteamérica. Durante 40 anos as empresas tabaqueiras estadounidenses ocultaron a súa utilización, segundo o estudo realizado pola prestixiosa clínica Mayo, de Minessota. Do mesmo análise despréndese tamén que esta letal substancia está presente noutros alimentos. O estudo, publicado no American Journal of Public Hearth, sinala tamén que para facelo analizáronse máis de 1.500 documentos internos das empresas tabaqueiras. Nel considérase que a ocultación deste nocivo produto no tabaco obedeceu a razóns comerciais e tamén de índole xudicial, xa que moitos doentes de enfermidades relacionadas co consumo de cigarros poderían demandar ás grandes marcas de tabaco. A tese explica que o polonio está presente na folla do tabaco e, ao mesmo tempo, entre os compoñentes químicos que se lle engaden. Durante anos, as tabaqueiras intentaron eliminar a substancia das follas, aínda que todos os seus esforzos, entre os que figura o lavado de follas, o tratamento xenético ou a utilización de filtros, non deron resultado. O maior grupo tabaqueiro americano, British American Tobacco, indicou a través dun comunicado que a súa empresa descoñecía que esta substancia provocaba cancro. Argumentou tamén que o polonio 210 está tamén na comida e en moitas plantas, entre as que se encontran as framboesas. Mentres, outra compañía do sector, Philip Morris, sinalou que publicara ao longo dos últimos 30 anos todos os informes internos sobre o polonio e que estaban dispoñíbeis na súa web. Este produto químico foi utilizado en 2006 para asasinar en Londres ao espía ruso Alexander Livitnenko.
Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria