PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Banda Deseñada
'As serpes cegas', editado por BD Banda, Premio Nacional de Cómic

Redacción .  O cómic 'As serpes cegas', editado en galego e castelán pola editora galega BD Banda, acaba de ser distinguido co Premio Nacional de Cómic. Este galardón –emitido polo Ministerio de Cultura á obra de Felipe Hernández Cava (guión) e Bartolomé Seguí (debuxo)– vén sumarse a outros recoñecementos como o Premio da Crítica ou Premio do Saló do Còmic de Barcelona á Mellor Obra e ao Mellor Guión.

Reloxo 05.11.2009 | 15:37

A obra do guionista madrileño Felipe Hernández Cava e o debuxante mallorquín Bartolomé Seguí foi considerada por un amplo xurado como a mellor publicada en todo o Estado. As serpes cegas, unha historia ambientada na Guerra Civil que transcorre en España e Nova York, está editada pola editorial galega BD Banda en galego e castelán.

Esta é a primeira vez que unha obra editada en Galiza consegue este recoñecemento que é de especial importancia porque tamén é o primeiro álbum publicado por este colectivo.

A obra narra a historia dun emigrante que chega a Nova York no ano 1939 na procura de Ben Koch, un home que incumpriu un pacto. De xeito paralelo vemos como en España a Guerra Civil está xa perdida para os republicanos, que se ven impotentes para prolongala até o estalido dunha conflagración europea que modificará o mundo. Todo o universo dos protagonistas está presidido pola urxencia en axustar, durante eses días de abafante verán, as súas contas persoais.

Lanzamento

A obra, que se presentou con 1.500 exemplares en galego e 2000 para o mercado español, está xa dispoñíbel nas librarías de todo o país. O lanzamento tivo a peculiaridade de se tratar da primeira coedición entre Galiza e Francia no campo da banda deseñada, xa que a obra foi publicada recentemente pola prestixiosa editora gala Dargaud, conseguindo unha ampla resposta de público e de vendas. Precisamente foi na revista BD Banda que comezou a súa andaina o álbum na forma de serie por entregas, chamando rapidamente a súa calidade a atención deste xigante francés da edición. Logo de chegar a un acordo de colaboración, fechouse un lanzamento conxunto nas tres linguas da que promete ser unha obra de referencia entre as editadas en 2008 en Europa.

Autores


Bartolomé Seguí e Felipe Hernández Cava contan cun amplo recoñecemento estatal no campo da banda deseñada. Alén de participar en publicacións clásicas coma Cairo ou El Víbora, Seguí conta con perto dunha ducia de álbums (algúns xa publicados en Francia) con títulos coma El sueño mexicano, Cohibas Connection ou Lola y Esnesto. Pola súa banda, Hernández Cava é un nome fundamental da historieta estatal dos últimos trinta anos. Títulos coma Lope de Aguirre: La expiación, El artefacto perverso, Berlín,1931 ou os asinados en colectivo coma El Cubri revelan un dos maiores creadores da Península nesta arte.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río