PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Non considera matrimonio a unión de gais
As lesbianas e os gais, indignados coa Raíña

Redacción .  O colectivo de gais e lesbianas maniféstase 'indignado' coas declaracións da Raíña Sofía sobre os matrimonios entre persoas do mesmo sexo. 'Os gais poden casar, pero que a iso non o chamen matrimonio', aseverou.

Reloxo 30.10.2008 | 15:27

Raíña Sofía Raíña Sofía

A polémica xurdiu cando a Raíña Sofía fixo estas declaracións: "podo comprender, aceptar e respectar que haxa persoas con outra tendencia sexual, pero que sentan orgullosos por ser gais? Que se suban a unha carroza e saian en manifestacións? Se todos os que non somos gais saísemos en manifestación... colapsariamos o tráfico. Se esas persoas queren vivir xuntas, vestirse de noivos e casar, poden estar no seu dereito, ou non, segundo as leis do seu país: pero que a iso non o chamen matrimonio, porque non o é. Hai moitos nomes posíbeis: contrato social, contrato de unión".

A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais vai pedirlle á Casa Real unha rectificación "pola saída de ton intolerábel" da Raíña. O presidente desta federación, Antonio Poveda, cualificou de "inaudito" que a Casa Real entre a valorar asuntos sociais e advertiu de que "están cuestionando o Parlamento e as institucións democráticas". "Nós estamos moi orgullosos da democracia española", dixo. Ademais de reiterar "a súa sorpresa", Poveda sinalou que se os homosexuais saen á rúa ou fan manifestacións é porque "existe a homofobia, e recordoulle á Raíña "a ostentación" que se fai nas vodas dos membros da Casa Real.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río