PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Segundo o BNG
As familias soportarán en 8 anos un custo de 330 millóns polos libros de texto

Redacción .  O secretario de Acción Municipal do BNG, Manuel Antelo, e a portavoz do BNG na Comisión de Educación do Parlamento, Carme Adán, presentaron esta mañá en rolda de prensa unha iniciativa que o BNG levará a todos os concellos de Galiza en contra da supresión da gratuidade dos libros de texto ditada polo Goberno do PP e para que se volva ao sistema anterior implantado polo Goberno bipartito.

Reloxo 15.07.2009 | 13:40

Estudantes nunha aula Estudantes nunha aula. Paco Vilabarros Carme Adán denunciou que coa supresión deste sistema “Galiza se converte, por detrás de Madrid, na Comunidade con menos axudas ás familias para a compra de libros de texto”. Ademais subliñou que “non é máis educativo, porque o anterior sistema estimulaba os nenos e nenas a compartir e conservar os libros; non é ecolóxico, e tampouco é máis xusto nin solidario pois moitas familias con rendas medias, como os mileuristas, non terán dereito a axudas”. “Non vemos onde está a solidariedade”, advertiu.

Para a deputada do BNG “outra falacia do sistema que quere implantar o Goberno do PP é a de que supón un aforro económico”. “Non é certo, é un sistema que é 3,2 veces máis caro que o implantado polo Goberno bipartito, e ademais a maior parte do custo vano ter que asumir as familias galegas, un auténtico ataque ás economías familias xusto neste momento de  crise económica”.

Neste sentido, Carme Adán explicou que “se ben é certo que o modelo que quere implantar o PP ten un custo de 70 millóns de euros fronte aos 73 que supuña o modelo de préstamo gratuíto, este último garantía a gratuidade total ao 100% do alumnado, mentres que o primeiro só o fará ao 25%”. “E é que se o modelo do PP se estendese a gratuidade dos libros de texto ao 100% das familias suporía un sobrecusto nos próximos 8 anos de 330 millóns de euros para as arcas públicas. É dicir, 3,2 veces máis caro ca o do Goberno Bipartito, e ese custo é o que van ter que asumir as familias galegas”, denunciou a deputada do BNG.

Concelleiros do PP apoian a moción

Pola súa parte, o secretario de Acción Municipal do BNG, Manuel Antelo, salientou que a moción do BNG xa foi aprobada en concellos como Fene, As Pontes, Betanzos, Foz, Malpica, Redondela ou Ribadavia. Neste sentido, considerou “moi significativo que en case a totalidade dos casos os concelleiros e concelleiras do PP optan por absterse ou mesmo apoiar a moción do BNG, como no caso de Foz, porque non teñen argumentos para defender ante os pais e as nais unha postura da Xunta que é totalmente inxustificábel”.

Manuel Antelo anunciou que de aquí ao mes de setembro o BNG levará a moción para que se manteña a gratuidade dos libros de texto a todos os concellos galegos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río