PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Marcha contra Celulosas este sábado
As consecuencias de ENCE en Pontevedra

Bocixa/ Raquel Rei Un ano máis, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra convoca unha manifestación nas instalacións de Ence-Elnosa en Lourizán. ANT TV falou co doutor Fernando Filgueira, coa veciñanza de Placeres, e con máis xente que nos explicou até que punto afecta a papeleira á vida da cidadanía.

Reloxo 11.06.2009 | 07:46

Reportaxe sobre a loita contra ENCE en Pontevedra. Bocixa / R. Rei

Antón Masa, presidente da APDR, explícanos os riscos ambientais, económicos e de saúde que carrexa o complexo industrial en Lourizán, e lembra como ENCE foi condenada no 2002 por delito ecolóxico. Falamos tamén con María do Carme Vázquez, patroa maior da Confraría de Lourizán, e co médico Fernando Filgueira, que nos advirte das consecuencias na saúde da veciñanza da zona. Manuel Muñiz, mariscador retirado, explica como foi o proceso ao comezo, cando se creou o complexo, e o sector marisqueiro foi o primeiro en erguerse. 

O complexo ocupa máis de 500.000 metros cadrados de superficie produtiva para o marisqueo en Lourizán. ENCE (Empresa Nacional de Celulosas de España) é un grupo empresarial que se dedica á transformación de madeiras, primeiro propietario de bosques de eucaliptus en Europa e segundo produtor mundial de pasta de celulosa desta árbore. Posúe tres plantas produtoras de pasta de celulosa en España, a máis antiga delas en Pontevedra, fundada no ano 1957. Logo de varias mobilizacións e denuncias, no 2002 foi condenada por delito ecolóxico continuado.

A APDR convoca un ano máis a marcha contra celulosas, que sairá este sábado 13 de xuño ás 19.30 das Alamedas de Pontevedra e Marín en dirección á papeleira.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río