PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
SEN INCIDENTES FRONTE A XUNTA
Aplausos na chegada do metal a Compostela

Manuel Vilas Os máis con curiosidade, moitos con aplausos e case ninguén con indiferenza. Os composteláns recibiron así os miles de traballadores do metal de Vigo que camiñaron dende Pontevedra na súa loita por un convenio digno.

Reloxo 30.06.2009 | 15:22

A marcha do metal entra en Santiago A marcha do metal entra en Santiago. Manuel Vilas Esquerda   1 / 20  Dereita  

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Non houbo incidentes cos antidisturbios, que cunha vintena de grilleiras e un helicóptero vixiaron de preto a marcha até o seu remate fronte a sede da Xunta. Os axentes tamén tomaron fotografías dos manifestantes.

UXT descólgase da marcha

“Galegos somos, galegos seremos, e por españoles nunca pasaremos”, “Convenio do metal, solución”, “O convenio é de todos, tamén dos esquiroles” e o xa tradicional “Lume!” foron os berros máis coreados polos manifestantes, canda insultos ao presidente da Xunta e aos antidisturbios. A organización cifrou os asistentes en cinco mil, entre os que había numerosos traballadores de orixe africana e un grupo da CIG que veu dende Ferrol.

A marcha foi convocada por CIG, Comisións e CUT. UXT tamén participou na concentración de Santiago, malia non ter apoiado a marcha. Nunha asemblea fronte San Caetano os sindicalistas criticaron ao presidente e a Conselleira de Traballo por non os recibir.

“Feixóo nunca estará do noso lado”

Os traballadores estiman que o acordo coa patronal non é inminente. Con todo, Antolín Alcántara da CIG apuntou a posibilidade de ir conseguindo avances aos poucos. O sindicalista acusou á Xunta de dicir que “non é o intre para conflitos, é o intre para que os ricos se fagan máis ricos”.”Feixóo nunca estivo do noso lado e nunca o estará”, advertiu.

Alcántara, o máis aplaudido polos proletarios, destacou a importancia que ten o convenio do metal para o resto dos traballadores, pois servirá de referente para moitos convenios que se están a negociar. Tamén insinuou que as empresas de Vigo están a ser financiadas por outras fóra de Galicia para que aguanten e non cedan as demandas dos operarios.

Non ter que traballar 11 horas para ter un salario digno

Alcántara recordou que os operarios demandan “un salario digno que permita a xente non ter que traballar once horas”. “Queremos cambiar o mundo, somos só unha parte del, pero somos a maior parte, a clase traballadora”, concluíu.

Ramón Sarmiento, de Comisións Obreiras, dixo que tiña “certo optimismo” de cara a un pronto acordo. Con todo, advertiu que “xa estamos escarmentados” e animou aos proletarios a decidir até onde queren seguir coa protesta. Sarmiento resaltou “a falta de educación” do Goberno por non recibir aos manifestantes e no seu lugar enviar aos antidisturbios.

Algúns asubíos para UXT

Manuel Golpe, de UXT, tipo que soportar pitos de moitos asalariados ao intentar falar na asemblea. UXT acudiu á concentración, pero participou na marcha. Golpe atacou a Xunta por non cumprir “coa súa obriga de sentar as partes”. “A conselleira Beatriz Mato está en Vigo cando debera estar aquí”.

Cúpula do BNG

Ao final da marcha deixáronse ver varios dirixentes do Bloque. Entre eles, o voceiro nacional, Guillerme Vázquez, as deputadas  Carme Adán e Tareixa Paz ou Francisco Rodríguez. Tamén acudiu o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, quen destaco a importancia desta protesta para o resto de negociacións laborais. Seixo denunciou que a patronal está a intentar conxelar os soldos na maioría dos convenios, polo que un posíbel aumento de salario no metal pode converterse nun “referente”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río