PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Alejandro Menéndez toma conta do primeiro equipo
Antonio López demite como adestrador do Celta

Redacción .  O até agora adestrador do Celta B, Alejandro Menéndez, farase cargo a partir de hoxe do primeiro equipo tras a demisión 'irrevogábel' de Antonio López. Menéndez ten a obriga de garantir a permanencia dos vigueses.

Reloxo 12.05.2008 | 11:23

Alejandro Menéndez, durante a súa presentación como adestrador celeste Alejandro Menéndez, durante a súa presentación como adestrador celeste. RCC Esquerda   1 / 2  Dereita   A pésima xeira de resultados de Antonio López provoou unha fonda crise no seo do vestiario céltico. Diferenzas entre futbolistas, apupos nas bancadas, críticas ao sistema de xogo do técnico por parte da prensa...
A resposta de López é agora a demisión "irrevogábel". O cordobés nunca se sentira cómodo na dirección técnica e incluso asinara o seu contrato como segundo adestrador cunha cláusula que o liberaba de ter que se poñer á fronte do banco.
A destitución de Juan Ramón López Caro e "a insistencia" do director deportivo, Ramón Martínez, convencérono para asumir a responsabilidade do primeiro equipo. Mais os malos resultados e o perigo do descenso (a cinco puntos cando aínda faltan por desputarse 15), así como fortes tensións entre futbolistas (algúns como Quincy están apartados, outros foron duramente criticados por López) degradaron moito o ambiente céltico.

Menéndez

Alejandro Menéndez era até agora o responsábel da boa campaña do Celta B. O filial céltico fixo unha gran temporada no seu feudo de Barreiro e logrou a tranquilidade clasificatoria por fin, despois de varios anos nos que o equipo se salvaba na derradeira xornada.
Menéndez toma a responsabilidade do primeiro equipo nun intre complexo e terase que dilucidar se o seu cambio de posto é provisional até o final da tempada ou, como algunhas fontes suxiren, o asturiano é o escollido por Carlos Mouriño para reiniciar un proxecto deportivo no que a canteira sexa a principal protagonista.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil