Redacción . O domingo volve as augas galegas a Liga de Traiñeiras coa Bandeira do Grove, que se disputa a partir das 11.30.
Amegrove e Rianxo chegan con forzas á regata que se disputa no Grove logo da Bandeira El Corte Inglés. Pola súa banda, Mecos apela á súa condición de anfitrión para tentar mellorar o duodécimo posto na proba disputada en Vigo o domingo pasado. Diego Portela, presidente do Amegrove C.R., pídelles tranquilidade aos seus homes logo de que entrasen na meta no segundo posto na regata El Corte Inglés, na que recoñece que tiveron un pouco de “sorte”. “As condicións climatolóxicas favorecéronnos e malia contar con varias baixas importantes, conseguimos solventar a proba de moi bo xeito”, comenta o presidente grovense. Ascender posicións Pola súa banda, Ramón Sestayo, adestrador do C.R. Rianxo, asegura que o seu equipo está a facer un gran traballo premiado cunha progresión na táboa clasificatoria. “Queremos seguir na mesma liña que até o de agora. O noso obxectivo é plantarlles cara aos de arriba, ao Chapela e ao Náutico de Vigo, para intentar ascender posicións”, afirma. Recuperar a cuarta praza Beni Fábregas, adestrador de C.R. Mecos, afirma que a súa principal baza para a regata é a “ilusión”. “Plantexamos a regata con moita ilusión, tentando mellorar resultados. A semana pasada en Vigo, as condicións meteorolóxicas prexudicaron a última tanda, e tamén algunha pequena diferenza entre balizas”, asegura o técnico de Mecos.
A embarcación de Mecos. María Muíña
1 / 3
Ademais, Portela engade que “agora o noso obxectivo está en subir de quenda”. “Remar na casa é un aliciente para todos. Os palexeiros do equipo competirán diante dos seus e están moi motivados. Neste caso, a cuestión está máis no aspecto psicolóxico”, finaliza Portela.
“Estamos a facer unha gran preparación para afrontar o mes de agosto con forza”, engade. “Quizais teñamos que mellorar máis os aspectos de potencia e velocidade, aínda que xa estamos concentrados niso”, asegura o técnico de Rianxo.
O principal obxectivo para os de O Grove, segundo Fábregas, estará en recuperar a cuarta praza da Liga: “temos que facerlles fronte aos rivales directos, temos que coller o Rianxo e recurtar distancias co Chapela. Precisamente, a finalidade fixado para a cita de O Grove é recuperar a cuarta posición, que nestes momentos ostenta Rianxo, ou polo menos recurtar os máximos puntos posíbeis”.