PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Aféctalle á natureza e a elementos arqueolóxicos
Afectados polo Polígono de Vilar do Colo marchan en contra da súa ampliación

Redacción .  O sábado pasado un cento de persoas saíu á rúa en resposta á convocatoria da Plataforma de Afectados polo Polígono de Vilar do Colo en contra da ampliación deste polígono.

Reloxo 07.10.2008 | 12:57

Imaxe da marcha deste sábado Imaxe da marcha deste sábado Esquerda   1 / 8  Dereita   Hoxe en día, o Polígono de Vilar do Colo non está totalmente edificado malia que o Concello de Fene asegura que está vendido ao 100 por cento. Segundo a Plataforma de Afectados polo Polígono de Vilar de Colo, as parcelas están na maior parte á venda. “Semella un polígono pantasma porque excepto unha gasolineira e unha zona que ten actividade, o resto está deserto”, apunta unha veciña.

Ao argumentar que estaba todo o terreo do polígono vendido, os concellos de Fene e de Cabanas proxectaron varias ampliacións que foron autorizadas pola SEPES e que están actualmente en fase de execución. Hai uns meses, entre a veciñanza circulou un plano do concello cunha nova ampliación que aínda estaba en fase de estudo. Neste documento, os veciños descubriron que esta nova ampliación afectaríalle a boa parte do río Baa, á contorna do Castro de Prismos, a conxuntos de mámoas, ao marco de San Lourenzo, ao Camiño de Santiago, a unha das poucas explotacións agrarias de considerábeis dimensións do Concello de Fene e aos veciños de Limodre e Laraxe, ao chegarlles as naves “até o pé das casas onde hoxe só hai monte e natureza”.

Reunións no concello

Nada máis coñecer a afección desta ampliación, varias asociacións crearon a Plataforma de Afectados polo Polígono de Vilar do Colo, que se puxo en contacto cos concellos para mostrarlles a súa preocupación. O Concello de Fene respondeu non existía nada do que lles estaban a transmitir os veciños e que non tiña coñecemento de nada. Máis tarde e ante a presentación do plano, o propio alcalde de Fene, Iván Puentes, recoñeceu que esta última ampliación estaba en fase de estudo pola SEPES.

Manifestación

A Plataforma de Afectados polo Polígono de Vilar do Coto convocou unha manifestación para o pasado sábado na que participou ao redor dun cento de persoas. Os veciños percorreron o camiño dende o inicio do polígono até o río Baa para tentar paralizar esta nova ampliación que prexudicaría a contorna. Membros de Adega plantaron unha árbore como símbolo da recuperación da vexetación da ribeira que foi deforestada neste río.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil