PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
'Non abandonaremos as mobilizacións'
Afectados pola Plisan pasan as festas pechados no Concello de Salvaterra

Europa Press Veciños afectados pola Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (Plisan) que permanecen encerrados no salón de plenos do Concello de Salvaterra recordaron hoxe que non abandonarán a súa mobilización con motivo das festas, senón que pasarán 'o Nadal, o Ano Novo e o que faga falta' até que a Xunta lles dea unha resposta ás súas demandas.

Reloxo 24.12.2009 | 12:04
TAGS: plisan ,

Solo empresarial da Plisan Solo empresarial da Plisan. CZFV

Os afectados recordaron que existe un decreto –da anterior Xunta en funcións– sobre as expropiacións que fixa o pago dos recursos mineiros e aseguraron que non se entende a postura do actual Executivo autonómico, que encargou informes sobre a legalidade da medida. Para o portavoz da plataforma veciñal, Alexandre Rodríguez, a Xunta debe situarse xa sobre o decreto: "hai que cumprilo –e abonar as cantidades– ou derrogalo".

Así mesmo, Rodríguez afirmou, en declaracións a Europa Press, que, a pesar de que a Plisan está promovida pola Administración autonómica, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca, que é a Xunta a "100 por cen responsábel das expropiacións".

Peche desde o 23 de novembro

Por iso, esixiulle á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que lles dea unha resposta e advertiulle ao departamento de que non se van “aburrir". "Se pensan que nos imos  aburrir ou cansar, van aviados, porque non nos van a vencer", incidiu. Neste sentido, explicou que este mediodía realizarán unha cacerolada ante o Consistorio de Salvaterra e que, esta noite, "serán varias as familias que ceen no peche" e as que mañá terán a comida de Nadal.

Os veciños permanecen pechados desde o pasado 23 de novembro e vanse rotando para ocupar o salón de plenos municipal, aínda que cada noite "dormen entre 12 e 13 persoas". Os afectados continuarán as súas accións reivindicativas até que a Xunta lles dea unha solución.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río