PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
Comeza mañá en Mónaco
Óscar Pereiro, único ciclista galego no Tour de Francia

Redacción .  O ciclista Óscar Pereiro, ganador do Tour de Francia en 2009, será o único representante galego na rolda gala. O corredor de Mos liderara ao Caisse d'Espargne, equipo do que forma parte actualmente.

Reloxo 03.07.2009 | 11:22

Óscar Pereiro no Tour de Francia Óscar Pereiro no Tour de Francia. Thierry Rogge/REUTERS

O Tour de Francia acode a súa tradicional cita estival. E nada mellor para comezar esta carreira que facelo no Principado de Mónaco, onde os ciclistas que toman parte na rolda gala terán que facer un percorrido de 15 quilómetros. A carreira rematará como é tradicional nos Campos Elíseos o 26 de xullo.

Os participantes na edición número 96 do Tour deberán percorrer un a redor de 3.500 quilómetros distribuídos en 21 etapas, predominando a alta montaña, xa que sete xornadas terán portos da máxima categoría. Outra das novidades da carreira de 2009 é o seu trazado, xa que discorrerá pola zona sur leste do país galo, entrando en terras transalpinas e tamén catalás. De feito, a sexta e a sétima etapa da rolda gala transcorrerán entre Xirona e Barcelona e dende a Cidade condal até Andorra Arcalis. 

Participación galega

A participación galega nesta carreira redúcese a un único ciclista, Óscar Pereiro, gañador da edición de 2006, tras o positivo no control antidopaxe do americano Floyd Landys, sendo a súa vitoria a mellor participación dun corredor galego no Tour.

Pero antes de Pereiro, o malogrado Vicente López Carril (1942-1980) tivera magníficas participacións na década dos anos setenta, quedando terceiro en 1974, por detrás de Eddy Merckx e Raymond Poulidor, e quinto ao ano seguinte.

Pola súa banda, o actual director do Xacobeo Galicia, o ponteareán Álvaro Pino, acadara dous oitavos postos en 1986 e 1988 respectivamente, estando ausente por unha grave lesión na edición de 1987.
 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río