PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Interviron Xosé Fernández e Isabel Quintairos
Acto en defensa da liberdade de expresión na Facultade de Xornalismo

Europa Press A iniciativa estivo promovida por alumnos e alumnas de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación

Reloxo 07.05.2008 | 07:52

Celebración do día da Liberdade de expresión. Bocixa e Raquel Rey

Os estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación expresaron o seu respecto pola liberdade de expresión, que cualificaron de "propia" das persoas e que, por iso, "debe ser reclamada por todos".

Ademais, recordaron que este ano o Día da Liberdade de Expresión estivo relacionado coa China, polo que criticaron as políticas de censura levadas a cabo polo goberno deste país, así como a expulsión, tortura e encarceramento de "numerosos" xornalistas.

O acto contou ademais coa participación da xornalista Isabel Quintairos, que explicou a súa situación de "inxustiza" mentres traballaba na emisora COPE, da que foi despedida pola súa condición sexual e política. Así, apuntou á necesidade de crear asociacións para reivindicar os dereitos dos xornalistas, ao non existir nin unha Lei de Prensa nin un Estatuto dos xornalistas en España.

Por outra parte, o vicevaledor primeiro do Valedor do Pobo, Xosé Xulio Fernández Rodríguez, destacou, na súa intervención, que a liberdade de expresión é un elemento "esencial" dentro do sistema democrático, polo que engadiu que se debe garantir tanto dende os entes públicos como privados.

Así, desvelou que dende o seu organismo tratan de responder ás queixas dos cidadáns en canto non se lles respecta o dereito a expresarse libremente, e concluíu en que nestes tempos "difíciles" un non se pode desanimar e intentar "loitar" para garantir esta liberdade.

Para concluír, o decano da facultade, Miguel Túñez, recordou que no ano pasado 875 xornalistas foron arrestados en todo o mundo, dos que 127 foron encarcerados e 97 asasinados, polo que, reivindicou a necesidade de pedir a liberdade de expresión na rúa entre todos os cidadáns así como de reclamala en todos os ámbitos da vida.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil